sábado, 18 de junio de 2022

SAIDA AO CINE

O venres 17 de xuño o alumnado do Club de Lectura asistiu a unha sesión matinal de cine. A película escollida foi: Jurasic World, Dominion.
O alumnado esperando para entrar ao cine, mercando flocos de millo, bebidas e chuches.
Despois do cine posaron para a cámara.
Pola tarde o alumnado visitou dúas tendas de cómic e unha librería para mercar algúns títulos do seu agrado.

martes, 14 de junio de 2022

MELLOR CLASE LECTORA 3º PMAR

O alumnado de 3º ESO PMAR, que pertence ao Club de Lectura, volveu ser a mellor clase lectora neste trimestre. Recibiu como agasallo un vale de 5 Euros para a cafetería.


 

martes, 31 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O noso centro organizou varias actividades para conmemorar o Día das letras galegas e homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán.
O alumnado de 2º de Oratoria recitou poemas de autores galegos na Biblioteca. algúns deses alumnos forman parte do Club de Lectura. A continuación inclúo un vídeo cos rapaces e rapazas recitando os poemas.


sábado, 28 de mayo de 2022

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La dama del Alba. Alejandro Casona.


La dama del alba é unha obra melodramática que trata sobre a personificación da morte na figura dunha muller moi fermosa e misteriosa que irrompe no seno dunha familia para transformar a vida dos seus integrantes.

Novela grupo 1: O alumnado escolleu entre estes tres libros.

Novela grupo 2: La sirenita. Hans Christian Andersen.

Rodeada da beleza do palacio e o fondo mariño en que vive, e adorada por toda a súa familia, a pequena serea do famoso relato de Andersen sinte unha incontenible fascinación polas historias sobre os seres humanos que lle relata a súa avoa. Cando cumpre os 15 anos, ascende ansiosa á superficie do mar e namórase dun príncipe. Pero, para unirse a el deberá renunciar aos seus seres queridos e perder a súa fermosa voz. A pequena serea acepta gustosa eses sacrificios por amor, pero terá que aprender que o verdadeiro amor non é outra cousa que un acto de entrega e xenerosidade cara ao amado que non sempre atopa correspondencia.

Novela Ciencia Ficción: Cobiza. María Reimóndez.

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta».Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.

Literatura feminista: Historia de las mujeres. Carolina Capria e Mariella Martucci.
Hai 3 millóns de anos, os homes construiron as primeiras ferramentas de pedra para cazar.
Hai 2 millóns de anos, os homes camiñaban en posición complementa erecta e descibriran xa o lume.
Hai un millón de anos, os homes organizábanse en grupos pequenos e inventaban...
Vale, dacordo, pero, e as mulleres?
Onde estaban as mulleres mentras tanto?

Manga 1, Manga 2: Neste trimestre lerán 2 series.

Literatura 3º PMAR. Atranco no banco Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.





viernes, 8 de abril de 2022

MELLOR CLASE LECTORA PARA 3º PMAR

O alumnado de 3º ESO PMAR, que pertence ao Club de Lectura, volveu ser a mellor clase lectora neste trimestre. Recibiu varios agasallos por ser tan bos lectores.


martes, 22 de marzo de 2022

DÍA DA AUGA

Hoxe celebramos o Día da Auga.

O alumnado que está no consello climático municipal elaborou uns murais que representan a loita contra a contaminación e o cambio climático. Algúns destes alumnos están no Club de Lectura.


lunes, 21 de marzo de 2022

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O departamento de matemáticas convocou un concurso de fotografía para conmemorar  o Día Internacional das Matemáticas o 14 de marzo. 

O gañador do primeiro premio foi Gonzalo, un alumno de 4º de ESO (que está no Club de Lectura de teatro) coa fotografía:  "A simetría das ás".




domingo, 13 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 O  martes 8 de marzo celebramos no noso Centro o Día da Muller Traballadora.


O concello encargou a Patricia Maquieira que pintase un mural artístico para conmemorar esta data tan especial.
O noso alumnado axudou a artista na elaboración do mural.
Despois de inaugurar o mural, comezamos o acto coa lectura do manifesto da ONU para o Día Internacional da Muller co lema: "Igualdad de género hoy para un mañana sostenible" que reclama unha acción polo clima e para as mulleres. Tres rapazas de 2º de ESO do Club de Lectura de Manga leron o texto.
A directora dirixe unhas palabras ao auditorio.
Despois é o turno de Pilar González Casas, concelleira de ensino e benestar social do concello das Neves.
A continuación a autora explica a simboloxía do mural a toda a concurrencia, acompañada polo alumnado que colaborou na súa elaboración, algúns do Club de Lectura.







martes, 1 de marzo de 2022

LECTURAS 2º TRIMESTRE

No segundo trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La dama del Alba. Alejandro Casona.

La dama del alba é unha obra melodramática que trata sobre a personificación da morte na figura dunha muller moi fermosa e misteriosa que irrompe no seno dunha familia para transformar a vida dos seus integrantes.

Novela grupo 1: Dragal I. A herdanza do dragón. Elena Gallego.

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

Novela grupo 2: El efecto Frankenstein. Elia Barceló.

Unha intriga na que conflúen os xéneros de novela policíaca e novela gótica. Todo comeza cando Max desperta nunha casa en ruínas; o seu corpo está cruzado por enormes cicatrices que evidencian que foi atendido por un cirurxián, pero el non recorda nada. Nora estuda Medicina na cidade alemana de Ingoldtsdt e esa mesma noite de entroido coñece a Max cando ambos salvan a unha nena de morrer afogada no Danubio. A atracción é inmediata. O problema é que pertencen a épocas distintas...

Novela Ciencia Ficción: Cobiza. María Reimóndez.

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta».Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.

Literatura feminista: Las chicas van donde quieren. Irene Cívico y Sergio Parra.


Todos coñecemos o nome dalgún pirata famoso, ou dun astronauta que chegara ao espacio, pero... e as mulleres? Moitas o petaron nas súas viaxes ou inventaron máquinas coas que alcanzaron novos fitos.

Aquí poderás atopar a 25 superaventureiras que cambiaron o mundo e demostraron o seu poder.

Moitas delas tiveron un papel decisivo na nosa historia e nunca o soubemos, pero agora chegou o momento de homenaxealas e dicir en voz alta que, as rapazas van onde queren!

Cómic Manga: Neste trimestre os grupos de Manga 1 e Manga 2 intercambian os cómics.

Manga 1: Neste trimestre lerán 2 series.


Manga 2: cada alumno escolleu un cómic manga dunha obra clásica da literatura universal.


Literatura 3º PMAR. Fuenteovejuna Lope de Vega.

En 1476, os habitantes dunha aldea andaluza chamada Fuenteovejuna, fartos de soportar os abusos do seu señor, rebelaronse contra él. A rebelión acabou en asasinato, pero o pesquisador non puido arrancar das bocas dos aldeanos máis que unha única resposta: "Fuenteovejuna fíxoo". Frente a este admirable comportamento renunciouse a continuar a investigación dando por xusta a venganza da vila.