martes, 9 de diciembre de 2025

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:

Grupo 1: Avións de papel. Xavier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Grupo 2: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.


Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

Grupo 3: Expediente Bécquer. J. R. Barat.

Susana Lobo é unha moza intelixente e rebelde de dezaseis anos, filla única dun matrimonio rico. A súa vida transcorre con total normalidade ata que, un día, descobre por casualidade unha dedicatoria moi estraña nun libro de Gustavo Adolfo Bécquer que a súa nai garda entre as súas cousas solteiras.Cando intenta descubrir que misterio se agocha tras esta dedicatoria, a súa nai reacciona con evasivas e reticencias, o que esperta na moza sospeitas de algo turbio. Susana decide investigar pola súa conta e axiña descobre que a súa nai agocha obxectos, cartas e recordos da súa vida de solteira nun caixón agochado do seu cuarto. Estas cousas revelan unha historia misteriosa da que nunca lle contaron nada e que ten que ver con ela.Cada vez que a moza dá un paso adiante na súa investigación secreta, os enfrontamentos cos seus pais fanse cada vez máis amargos. Pouco a pouco, o seu mundo esfaréase. Un mundo que descobre que se sostén nunha rede de mentiras, escuridade e morte.

Manga : Neste trimestre lerán esta serie.

Grupo Filosofía: El banquete. Platón.

O relato de Platón sobre os discursos entre Sócrates e os seus amigos sobre o amor e o desexo, a verdade e a ilusión, a transcendencia espiritual e as calidades dun bo gobernante influíu profundamente na nosa percepción das relacións humanas, a sociedade e o poder. Xunto co famoso mito da Caverna, tamén incluído neste volume, deu forma á tradición da filosofía occidental.