miércoles, 30 de abril de 2025

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Grupos 1, 2, 3: A pantasma de Canterville. Óscar Wilde.

Unha familia americana múdase ao castelo de Canterville, un lugar que, como todo o mundo sabe, está encantado. A pantasma dun nobre inglés deambula polo castelo e trata de facerlles a vida imposible aos seus novos habitantes. Porén, os estadounidenses, lonxe de asustarse, converten o espíritu en vítima das súas bromas, nunha historia que mestura o macabro co humor.

Feminismo: O inferno de Marta. Pascual Alapont.

Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí.

Manga 1/2: Neste trimestre lerán esta serie.