miércoles, 5 de marzo de 2025

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre lemos os seguintes libros:

Grupo 1: Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte.

Andrés está farto da escola, dos grans, dos despropósitos da súa nai, da súa irmá, de Jorge o birlanoivas, da vida en xeral e do profe de Historia en particular. Dani e el propuxéronse cambiar o mundo e facen un feitizo que os fará inmunes ás pantasmas dos "pijos", "pelotas" e demais aves carroñeiras, e que os convertirá en heroes. Ben, polo menos iso era o que estaba previsto. Se logo as cousas van mal...

Grupo 2: Mentira. Care Santos.

Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente o seu rendemiento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redoe, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cosa poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira; nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos,  confesallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súa máis íntimas emocións. Vén do cárcere. Escribiuna un recluso e conta unha historia que lle vai conxelar o sangue.

Grupo 3: A visita do inspector. J.B.Priestley.
Un inspector de policía preséntase no domicilio da familia Birling, interrompe a animada cea con que celebrar o compromiso matrimonial de Sheila e indaga a implicación dos comensais no suicidio dunha rapaza. A obra desenvolve unha trama que progresa como un mecanismo de reloxería na que o habilísimo manexo do suspense non consegue sufocar unha mensaxe de profundo calado moral: todos formamos parte do mesmo corpo social e somos responsables do que lles sucede aos demais.

Feminismo: O inferno de Marta. Pascual Alapont.
Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí.

Manga 1/2: Neste trimestre lerán estos libros.