O alumnado do Club de Lectura Feminista entrevistou a catro profesoras do Centro para conmemorar o día da muller traballadora.
Entrevista a Marta Pivida
Vázquez, profesora de matemáticas.
–Que
estudaches?
–Matemáticas,
licenciatura en matemáticas.
–Tiveches
algún outro traballo?
–Non,
ben, daba clases particulares antes de aprobar as oposicións.
–Anos
de docencia e número de centros?
–Pois
mira, empecei a dar clase para a Xunta no 2003, estamos a 2019...
centros, pois centros pasei por uns cantos, non os teño contados.
–Antes
de empezar a traballar na Xunta tiñas feito clases particulares?
–Si,
traballaba nunha academia, e dicir, traballaba nunha academia e daba
clases a universitarios.
–Algunha
vez te sentiches discriminada na carreira ou no traballo por ser
muller?
–Non,
tiven moi bos compañeiros.
–Cres
que os alumnos actúan diferente ante un profesor ou unha profesora?
–Eu
creo que si. Creo que lle teñen máis respecto, non todos, pero
algúns, ante un profesor que ante unha profesora. Se lle chama a
atención un profesor calan antes que con respecto a unha profesora.
–Cres
que iso pode darse polo “instinto maternal” que se supón que
temos as mulleres?
–Non,
eu creo que non. É certo que cando temos fillos, a ver, eu teño
fillos, parece que, ó mellor, te abrandas máis, pero ben, como eu
digo, eu como xa estou acostumada ós choros... Eu intento ser xusta.
–Notas
igualitaria a presenza masculina e feminina na carreira ou no
traballo?
–Mira,
na carreira de matemáticas, cando eu estudei, basicamente eramos
mulleres, “era” unha carreira de mulleres, agora non sei como
está, pero cando eu estudei basicamente eramos mulleres, un tanto
por cento moi elevado. Como noutras carreiras , ó mellor, hai máis
presenza masculina en matemáticas eramos moitas mulleres.
–E
no traballo?
–No
traballo creo que está bastante equilibrado. Creo, non sei, tampouco
me parei a pensalo.
–Fóra
da Xunta, nos traballos anteriores que tiveches? Na academia, por
exemplo.
–Na
academia tamén eramos máis ou menos o mesmo número de profesores e
profesoras.
–Algunha
vez notaches algún caso de diferenza salarial con algún compañeiro?
–Na
Xunta eu creo que temos todos o mesmo salario, só depende dos anos
que levas, temos complementos. E no outro traballo, a ver, tampouco
estiven traballando moito tempo pero eu o salario establecino co
director da academia. Traballei tamén un curso ou menos dun curso
nun centro privado pero tampouco me deu como para averigualo.
–Ó
traballar de forma independente, na academia, o salario
estableciádelo vós?
–Si,
eu cando traballei na academia si, é dicir, eu pedín, eles
ofrecéronme e eu dixen «acepto con isto» ou «non acepto con
isto». Pero ben, estouche falando de hai moitos anos.
Entrevista a Nuria López
Rodríguez, profesora de física e química.
–Que estudaches?
–Estudei química,
licenciatura de química en Santiago de Compostela.
–Tiveches
algún outro traballo?
–Realmente...
máis que traballo fixen prácticas. Durante a carreira traballei nun
laboratorio facendo prácticas durante o verán. Despois, unha vez
que rematei a carreira, decidín xa facer o CAP, o Curso de
Adaptación Pedagóxica, que era o curso que che pedían para ser
profesor/a e dediqueime a preparar as oposición e enseguida as
aprobei. Ou sexa que non tiven outro traballo.
–Anos
de docencia e número de centros?
–Anos
de docencia... creo que este é o doce, e dicir, levo doce anos dando
clase e número de centros, pois... a ver, o meu primeiro centro foi
Ribadavia, estiven en Allariz, en Maceda, n’O Rosal e aquí, cinco
centros
–Algunha
vez te sentiches discriminada por ser muller na carreira ou no
traballo?
–No
traballo non e na carreira tampouco. Nunca vivín esa discriminación
porque tampouco me dediquei á investigación que ó mellor aí si
que podía verse un pouco ese teito de cristal onde a muller
investigadora, pois ben, sempre o ten un pouco máis difícil á hora
de ter fillos e dedicar o seu tempo á investigación, pero como non
me dediquei a iso creo que non podo opinar, en calquera caso nunca me
sentín discriminada por ser muller.
–Cres
que o alumnado actúa diferente ante un profesor ou unha profesora?
–A
ver, creo, espero que non que non actúen de maneira distinta. Non
sei o que pasa, iso quen nolo tería que contar sodes vós. Porque eu
non sei como actuades cun profesor, xa que non estou dentro da aula.
Vós notades diferenzas?
–Notas
igualitaria a presenza masculina e feminina na carreira ou no
traballo?
–Na
miña carreira... si, a ver, habería o mesmo número de homes que de
mulleres ou incluso, case podo dicir que había máis mulleres,
pensando un pouco na miña promoción, e no traballo, xa ves que en
educación, predominamos as mulleres. En case todos os centros nos
que estiven sempre superamos bastante en número as mulleres ós
homes nese caso, noutros sabemos que non, nos postos directivos,
postos máis relevantes e tal, sabemos que, polas estatísticas,
segue habendo unha diferenza importante. Pero no meu traballo é ó
contrario, predominan máis as mulleres que os homes.
–Cres
que nas carreiras de ciencias predominan as mulleres?
–Polas
estatísticas tamén, polo que les, algo que sae na prensa ou na web,
si vexo que hai carreiras nas que hai un maior número de alumnado
feminino. Ó final ti tes que facer o que queiras facer non o que che
diga a sociedade, o que che guste.
–Algunha
vez notaches un caso de diferenza salarial con algún compañeiro?
–Tampouco.
Nós no noso caso cobramos o mesmo sexamos homes ou mulleres, non hai
diferenzas no salario. O importante é que es profesor, sexas home ou
muller.
ENTREVISTA A CONCHI, PROFESORA DE BIOLOXÍA
-Que foi o que estudache?
Són licenzada en Bioloxía, e collín as materias (optativas) de bioloxía molecular e de botánica.
-Tiveches outros traballos?
Si, cando me licenciei estiven traballando nuncha academia durante uns 7 anos, dando clases
particulares de matemáticas, física e química
-Cantos anos de docencia levas e en cantos centros traballaches?
Os centros é imposible contalos, de docencia levo 19, pero é que estiven prácticamente cada ano
nun centro distinto, salvo algún ano que repetín centro ou que incluso traballei en varios.
-Nalgún momento te sentiches discriminada por ser muller na carreira ou no traballo?
No traballo non, pero na carreira, eu persoalmente, notaba que ás mulleres tíñannos un pouco coma
“as segundas”, os listos, os que valían, eran os homes. Pero non era algo extendido, ao mellor en
departamentos concretos. Porque o certo é que en bioloxía éramos a maioría mulleres.
-Notas igualitaria a presenza feminina e masculina na carreira e na docencia?
Eu tiven incluso máis profesoras mulleres ca homes, nas ciencias da saúde si que soíamos ser máis
mulleres. Pero por exemplo nas técnicas si que había unha diferenza moito máis notoria, a clara
maioría eran homes. Pero é iso, na facultade sempre se quixo maior presenza de homes facendo
doctorados, non a mulleres. Ás mulleres esixíaselles moito máis ca aos homes, dende logo.
-Algunha vez tiveches un caso de diferenza salarial con algún compañeiro?
Non, que eu saiba non, porque a nivel de funcionario non hai esa diferenza, imaxínome que a nivel
empresa privada probablemente si. É certo que ás veces hai determinados cargos que orientan só
para homes e que pode que si que produzan un nivel salarial.
-Para rematar, teis algunha anécdota de machismo no teu traballo que che deixara un pouco
descolocada?
Pois unha vez tiven un compañeiro, un profesor, que soltou unha barbaridade que me fixo
alonxarme totalmente. Dixo, textualmente, que el notaba que dende que as mulleres estaban na
docencia había menos disciplina nas aulas. Leveino fatal! Pareceume tan triste...
-A mín tamén mo parece; Moitas grazas polo teu tempo, Conchi!
Filoloxía galego-portuguesa.
Sempre foi profesora, comezou dando clases particulares na súa casa ou nos domicilios das/os alumnas/os, pasou por academias e en 2005 (aprox.) empezou na educación pública, pasou por moitos centros, ata o día de hoxe.
Como ben vimos na pregunta anterior, prácticamente tosa a súa vida, iso sí, en institutos públicos, dende 2005. Pasou por máis de 40 centros.
Na carreira, conta que non, de feito a maioría eran mulleres. No traballo, cas/os compañeiros non nota nada, pero si no alumnado. Sobretodo comentarios machistas en xeral. Conta que nun centro no que estivo, houbo un caso dunha relación tóxica onde o home (alumno do centro) exercía un control total na súa parella, (alumna tamén) pero casos así, bastantes.
Na carreira había máis presenza feminina pero polo que dice, nese sentido, na educación pública non hai estes problemas. A única discriminación que si notou é polo feito de ser profesora de galego e non de matemáticas, por exemplo, pois xa sabedes o que se di: "As carreiras de letras son para parvas/os"
Non, nunca, como xa dixo, na educación pública, por sorte, xa non hai estes problemas.
ENTREVISTA A ANA BELÉN, PROFESORA DE LINGUA GALEGA
-Que estudaches?
Filoloxía galego-portuguesa.
-Outros traballos:
Sempre foi profesora, comezou dando clases particulares na súa casa ou nos domicilios das/os alumnas/os, pasou por academias e en 2005 (aprox.) empezou na educación pública, pasou por moitos centros, ata o día de hoxe.
-Anos de docencia e centros:
Como ben vimos na pregunta anterior, prácticamente tosa a súa vida, iso sí, en institutos públicos, dende 2005. Pasou por máis de 40 centros.
-Algunha vez senticheste discriminada por ser muller na carreira ou no traballo?
Na carreira, conta que non, de feito a maioría eran mulleres. No traballo, cas/os compañeiros non nota nada, pero si no alumnado. Sobretodo comentarios machistas en xeral. Conta que nun centro no que estivo, houbo un caso dunha relación tóxica onde o home (alumno do centro) exercía un control total na súa parella, (alumna tamén) pero casos así, bastantes.
-Notas igualitaria a presenza feminina que masculina na carreira ou no traballo?
Na carreira había máis presenza feminina pero polo que dice, nese sentido, na educación pública non hai estes problemas. A única discriminación que si notou é polo feito de ser profesora de galego e non de matemáticas, por exemplo, pois xa sabedes o que se di: "As carreiras de letras son para parvas/os"
-Algunha vez notaches algún caso de diferenza salarial cun home?
Non, nunca, como xa dixo, na educación pública, por sorte, xa non hai estes problemas.